O 06293 deixa un belisco do quinto premio en Rábade e Guitiriz

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ

RÁBADE

En la Cafetería Brétema de Guitiriz se vendió un boleto agraciado con un quinto premio
Na Cafetería Brétema de Guitiriz vendeuse un boleto agraciado cun quinto premio Google Maps

Vendeuse un décimo en cada municipio e cada agraciado recibirá 6.000 euros

22 dic 2019 . Actualizado ás 11:45 h.

O quinto premio do sorteo extraordinaria de Nadal, 06293, deixa un belisco de fortuna en Rábade e Guitiriz. Vendéronse dous décimos, un en cada local, e o premio está dotado coa cantidade de 6.000 euros.

Na Cafetería Brétema de Rábade, Paula Castro explica que é a primeira vez que reparten un premio do sorteo. «Por fin, estou cansa de que me chamen gafe!», explica. E é que aínda que descoñecen quen puido ser a persoa afortunada, están moi contentos de ter sido «a man que repartiu a sorte para alguén».

Na administración O Milenio de Ouro, en Guitiriz, vendeuse outro Quinto Premio. «Empezamos en marzo porque cambiamos de titular, e estamos a agardar a ver se vén algo máis. Leste era de máquina», conta Pablo, que é o sobriño do anterior propietario da administración, a duras penas porque continúan os problemas de luz na provincia de Lugo causados polo temporal.