A bici rodou por Rábade

RÁBADE

Carlos Castro

Decenas de persoas, de todas as idades, participaron no Día da Bicicleta

13 ago 2018 . Actualizado ás 20:41 h.

Non importaba o modelo de bicicleta, nin a idade, nin o percorrido. Decenas de persoas gozaron da edición número 20 do Día da Bicicleta, dentro das festas patronais de Rábade. A saída deuse pasadas as seis da tarde do Campo dá Feira e o percorrido, sen ser competitivo, rematou na Praza de España, onde houbo sorteo de agasallos e chocolate con churros para os participantes. As festas de Rábade rematan este mércores. O luns haberá pola noite un concerto da Banda Sons e Soños (21.15 horas) e a partir da once, Noite Pop Rock, con Carta de Axuste e O Mercado do Rosén. O martes será o día da Esbatuxada polo Miño e o mércores o día da descarga de pólvora.