Agosto en Portomarín e os seus domingos folclóricos

Paula Graña LUGO/LA VOZ

PORTOMARÍN

CARLOS CASTRO

31 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A partir do 5 de agosto • Esta fin de semana comezan os domingos folclóricos de Portomarín, un programa cultural que busca achegar a música tradicional ás tarde de verán. Todas as actuacións serán ás 19.00 horas.

O evento comezará o vindeiro domingo 5 de agosto, da man da Asociación cultural Río Miño de Portomarín e Punteirolo de Vila de Cruces.

De novo, o domingo 12 volverá actuar a Asociación cultural Río Miño de Portomarín. Xunto a eles, tamén participará a Asociación sociocultural Airiños de Orbazai de Lugo.

O domingo 19 estarán dúas agrupacións: O Feitizo de Foz e Os Deiquí de Taboada.

Para rematar, o domingo 26, Portomarín contará coa visita da Asociación folclórica Lemavos de Monforte e De pé feito de Ourense.

Este programa compleméntase co Tributo ás estrelas que lembrará os grandes éxitos musicais da historia.