Evacuada en helicóptero tras chocar o seu coche contra un farol en Paradela

La Voz LUGO

PARADELA

Alberto López

A vítima ía de acompañante nun coche que se saíu da calzada tras chocar contra outro nun cruzamento

01 mares 2021 . Actualizado ás 11:03 h.

 Unha muller resultou ferida esta tarde nun accidente de tráfico en Paradela. O suceso produciuse na travesía que cruza Pacios, a capitalidade municipal, e a vítima foi evacuada en helicóptero a un centro sanitario.

O accidente produciuse pasadas as seis da tarde cando o coche o que ía a muller ferida, no asento dianteiro dereito, circulaba pola rúa Santiago. Á altura do cruzamento coa rúa Manuel Rodríguez, outro vehículo saíu deste segundo viario e chocou de fronte contra un lateral do turismo no que ía a vítima. A causa do impacto, o condutor do primeiro coche perdeu o control do volante, saíuse da calzada, chocou contra un farol e derrubouna.

O único vehículo con desfeitas importantes é o que acabou chocando contra o farol. Os danos que sufriu o outro vehículo na súa parte frontal son leves.