Detida unha parella por roubar gasoil e tirar o combustible pola A-54, en Palas

T. TABOADA LUGO / LA VOZ

PALAS DE REI

ALBERTO LÓPEZ

24 may 2019 . Actualizado ás 20:50 h.

Axentes da Garda Civil detiveron na mañá de onte a un home e a unha muller, de 38 e 40 anos de idade e de etnia xitana, por roubar gasóleo dun camión estacionado nas inmediacións do mercado gandeiro de Palas de Rei. Tras ser sorprendidos polo propietario, a parella abandonou o lugar pero o camioneiro saíu na súa persecución. En plena fuxida, pola A-54, os cacos guindaron polo portelo do vehículo no que viaxaban dous garrafas de combustible, as cales, tras caer na calzada, derramaron o seu contido, pondo en perigo aos demais usuarios da vía.

Os feitos ocorreron o día 19 do pasado mes de abril e os dous individuos foron detidos como supostos autores de roubo con forza nas cousas e contra a seguridade do tráfico.