Multado con 600 euros o home que gardaba 23 pitones na súa casa de Outeiro de Rei

OUTEIRO DE REI

Un acordo de conformidade entre a Fiscalía e a defensa fixo que o acusado, ao que se lle pedían 9 meses de cárcere, non ingrese en prisión

22 jul 2021 . Actualizado ás 17:51 h.

O xuíz da sala do penal número 2 de Lugo confirmou en a mañá deste xoves a condena a un home acusado dun delito contra a fauna e a flora. Nun primeiro momento, a Fiscalía pedía para o home, que non contaba ata o momento con antecedentes penais, nove meses de prisión e unha inhabilitación especial para o dereito a cazar e pescar durante tres anos.

Un acordo entre a súa avogada e o Ministerio Fiscal propiciou que finalmente o acusado non vaia a entrar en prisión. Foi condenado a 4 meses de multa a razón de 5 euros cada día -é dicir, 600 euros-, así como a 4 meses de inhabilitación para actividades de caza e pesca.

Non foi necesario nin que se procedese á declaración de acusado, pois existía un acordo de conformidade previo ao xuízo. O fiscal tivo en conta que o individuo non era comerciante nin unha persoa especializada no coidado deste tipo de especies, polo que se lle podo aplicar o criterio de degradación da imprudencia, ademais do feito de que algunha das serpes se que estaba documentada. Finalmente o individuo non entrará en prisión.

Os feitos remóntanse a maio do 2018, cando axentes de Seprona acharon 23 serpes da especie pitón real que estaban en varios terrarios situados no interior dunha construción de ladrillo en Outeiro de Rei, e cuxo dono non dispuña da documentación necesaria que xustificase a procedencia legal destes réptiles.