Despedida do programa integrado de emprego de Outeiro de Rei

x.m.p. VILALBA / LA VOZ

OUTEIRO DE REI

Oito municipios da provincia impulsaron un plan de formación

26 mares 2021 . Actualizado ás 19:00 h.

O programa integrado de emprego de Outeiro de Rei despediuse na mañá deste venres. A iniciativa foi compartida por oito municipios da provincia (Outeiro de Rei, Friol, Begonte, Rábade, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo). No plan, que tivo unha actividade de meses, participaron cen alumnos, que este venres, no pavillón polideportivo municipal de Outeiro de Rei, recibiron os seus diplomas.

Responsables dos concellos que participaron no proxecto acudiron ao acto de entrega. O Concello de Outeiro de Rei encargouse da organización e de vixiar que se cumprisen as medidas de seguridade vixentes nestes tempos de pandemia. A formación que se lles proporcionou aos alumnos do programa foi variada, tanto teórica como práctica. Preparar unha entrevista de traballo, dispor de técnicas de automotivación e lograr un certificado profesional de limpeza en espazos abertos e en instalacións industriais foron algunhas das nocións explicadas.

Achegouna 300.000 euros para o financiamento do curso.