Monicreques e concerto na Casa-Museo Manuel María

Este sábado haberá varias actividades culturais en Outeiro de Rei

Títeres Alakrán
Títeres Alakrán

Sábado 9 • A partir das 18.00 horas • Casa-Museo Manuel María • Outeiro de Rei • 

A Casa-Museo Manuel María, de Outeiro de Rei, prepara unha fin de semana cultural con monicreques, concerto e foliada. Será este sábado.

A primeira actuación, ás 18.00 horas, será a de Títeres Alakrán, co titiriteiro Borja Insua, que presentan a peza Circo Galaico. Trátase dun espectáculo de luz, son e cordas para gozar con toda a familia, no que a maxia e o fantástico se mestura co autóctono. A entrada custa 2 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no 698 177 621.

A segunda proposta será un concerto-foliada a cargo do grupo de música tradicional Treboada, de Rábade, que actuará a partir das 20.00 horas. A entrada é libre e todo aquel que o desexe poderase achegar a bailar, tocar e cantar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Monicreques e concerto na Casa-Museo Manuel María