Premios en Outeiro de Rei

La Voz

OUTEIRO DE REI

01 feb 2019 . Actualizado ás 12:30 h.

A Biblioteca Municipal de Outeiro de Rei entregou os premios do III Concurso de Postais Nadal 2018, no que participaron 69 mozos, e do Certame de Poesía Infantil Nadal 2018, en que se presentaron 45 traballos. Os premiados recibiron un diploma e un lote de libros e material escolar. A entrega realizárona o alcalde, José Pardo, e a xefa de estudos do colexio Laverde Ruiz. Todos os participantes recibiron un libro de contos.