A primeira telefonista de Muras cumpriu 100 anos en Viveiro

Lucía Rey
lucía rei VIVEIRO / LA VOZ

MURAS

CEDIDA

Nieves Pardo Espiña, que vive na Residencia Betania, foi «unha muller avanzada á súa época», como destaca a súa neta

07 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha das veciñas máis lonxevas de Muras, Nieves Pardo Espiña, está de parabén posto que acaba de cumprir cen anos. Coñecida como «a telefonista do concello», a muller reside actualmente na Residencia Betania de Viveiro, como relata a súa neta, Mar Carreiras, que destaca que Nieves foi «unha muller avanzada á súa época». «Ademais de exercer como nai, desenvolveu a súa carreira profesional como telefonista do Concello, cando os teléfonos aínda eran de cable», sinala, e lembra que no consistorio tamén traballaba como bedel o seu marido, xa falecido, Emilio Albo. Varios familiares celebraron días atrás o aniversario cunha comida en casa Cándida, en Viveiró. A súa neta resalta que a centenaria «vive feliz e moi arroupada e querida» en Betania, onde sobre todo sor María Gracia «cólmaa de mimos e moito cariño».