Como se pode convivir co lobo?

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

MURAS

Carlos Castro

Lugo é a provincia galega onde a presenza do animal acada unha maior porcentaxe da superficie total

17 novs 2018 . Actualizado ás 21:57 h.

Alcaldes de municipios de - O Xistral Xermade, Muras, Ourol, O Valadouro e Abadín- reuníronse en outubro para analizar a situación dos ataques de lobos, e o luns expuxeron os seus puntos de vista á conselleira de Medio Ambiente. O concelleiro de presentou Vilalba Aberta nun recente pleno unha proposta para instar o Concello a demandar máis apoio aos gandeiros afectados e máis axilidade na resposta da administración.

Cos datos na man, a eses alcaldes non lles faltan razóns para queixarse: segundo datos da Xunta correspondentes ao 2017, Muras foi o municipio onde se tramitaron máis peticións de axuda por ataques de lobos (84); nos seguintes postos aparecen O Valadouro (57), Abadín (51) e Ourol (42). No entanto, no resumo do censo de lobo ibérico en Galicia dos anos 2013, 2015 e 2015, realizado segundo métodos e sistemas acordados polo Goberno e as comunidades autónomas, recóllese que a área de distribución do lobo en Galicia acada un 72,17 % do territorio, aínda que en Lugo supón a maior porcentaxe de toda a comunidade (79,8 %). No 2015 se admitó a presenza de 90 mandas en Galicia, seis máis que ao comezo do estudo, xa que nun primeiro momento houbo problemas para recoñecer as mostras.

 A TENDENCIA

Incremento noutras comunidades. O Programa de actuacións de control do lobo 2017-2018, elaborado polo Principado de Asturias, recolle que había 22 grupos deses animais no 2001 e 38 no 2016, aínda que os autores advirten de que os datos e as posibles conclusións esixen cautela. Co territorio dividido en sete zonas, a Centrooccidental era a que tiña máis grupos rexistrados no 2001 (oito); no 2016, en cambio, figuraba na cabeza a Suroccidental. Se se toma como referencia o gando bovino, caprino, equino e ovino, o número de reses afectadas no 2016 (3.494 en total) foi menor que no 2012 (3.831).

 O AMBIENTE

Máis tranquilidade en Galicia. O citado informe recoñece a existencia de «conflitividade social» ao redor do lobo. En agosto deste ano, por exemplo, tivo lugar en Cabrales unha manifestación de gandeiros contra os ataques de lobos; en setembro, en Xixón, grupos ecoloxistas convocaron unha concentración en defensa do lobo.

 Son mostras dunha tensión que por agora non se deu dese modo en Galicia. Joan Alibés, catalán asentado en Meira e dedicado á cría de gando caprino e ovino, destaca a idiosincrasia do gandeiro galego, que non lle parece inclinado a comportamentos radicais: «Iso é positivo. Claro que o é», di.

Alibés forma parte de , O-Xanun grupo que reúne a variadas entidades galegas nas que se analiza a xestión do lobo, e de Campo Grande, que realiza esa mesma función con membros de toda España. A súa decisión de usar mastines para protexer o gando non pasou inadvertida ultimamente: aínda que afirma carecer de datos, cre que o seu exemplo xa non é tan novo.

 O ALICIENTE

O lobo, un reclamo turístico en Castela e León. No municipio zamorano de Puebla de Sanabria está situado o Centro do lobo ibérico de Castela e León. Leva o nome do naturalista Félix Rodríguez de la Fuente (1928-1980), famoso por programas televisivos de divulgación da natureza como Planeta azul ou O home e a terra. A visita a ese centro inclúe un percorrido polas instalacións, seguido doutro polo exterior, que desde unha serie de observatorios permite contemplar lobos que viven alí en réxime de semiliberdade.

 Sería posible un centro así en Galicia? «Non está mal, pero non soluciona nada. Non pode haber un en cada concello, pero si deberamos ter un», sostén Alibés. Por unha banda, di, funcionaría como un aliciente turístico e como un lugar de encontro de sectores implicados; por outro, agrega, permitiría reunir e divulgar aspectos do lobo moi presentes na etnografía de Galicia.

 O REPROCHE

Poucas axudas ás razas de cruzamento. O alcalde Muras, Manuel Requeijo (BNG), quéixase de que as axudas da Xunta por ataques do lobo sexan maiores para animais dunhas razas fronte a outras nalgúns casos. Por un poldro de pura raza galega de menos de dous meses dáse unha axuda pagan 198 euros; por un doutras razas, 158. O rexedor asegura que as consecuencias ven na Feira do Poldro, onde nos últimos anos, di, compróbase un descenso do número de reses a consecuencia dos ataques que sofre ese gando.

 A DIVERXENCIA

Disparidade sobre as batidas. O alcalde de Muras cre que o prioritario non é autorizar batidas senón dispor de datos actuais sobre o número de lobos: nese sentido, recalca, «non ten xeito» conceder autorización para matar animais se se descoñece cal é a poboación real. Joan Alibés mostra unha postura similar, que apoia en datos. Di que nos últimos anos autorizáronse 79 batidas en Galicia, nas que se mataron 12 lobos: «Non é a solución», explica.

 En cambio, Roberto García, alcalde de Xermade (PSOE), cre que as batidas, «por suposto», deben autorizarse se hai superpoblación. García, axente ambiental da Xunta de profesión, sostén que é frecuente ver pisadas de lobos no monte; pero sobre todo destaca que cada vez é máis frecuente ver lobos en lugares onde non adoitaban aparecer hai anos. Unha opinión similar é a de Javier Prieto, gandeiro de Labrada (Abadín) que subliña que en Vilalba, por exemplo, están a rexistrarse ataques a pouca distancia da estrada N-634. Prieto lembra que na súa nenez se autorizaban batidas de lobos con máis frecuencia que hoxe: «E non se acabou a raza», di.

Carlos Riveira, veterinario de , A Pastorizaadmite que entende o malestar dun gandeiro ao que un lobo mata unha ou varias reses; pero engade que o problema de fondo é socioeconómico e que a administración e todas as partes implicadas deben analizar o modelo de medio rural que se persegue. O alcalde de Muras, pola súa banda, opina que é urxente crear un grupo de traballo e insta a Xunta a tomar medidas.

En agosto levou a cabo, en Abadín, unha montería, autorizada pola Xunta tras os ataques ao gando en meses anteriores. Podíase abater un animal, pero non se chegou a matar.