Muras celebra a Feira do Poldro esta fin de semana

MURAS

ÓSCAR CELA

A festa do gando do monte contará con xogos ecuestres, exhibicións, premios, música e gastronomía

20 sep 2018 . Actualizado ás 09:44 h.

Sábado 22 e domingo 23 • A Gañidoira (Muras) • 

Muras celebra a XXXI Feira do Poldro e do Gando do Monte. 

Sábado 22

· 19.00 h. Xogos ecuestres. Olimpíadas Rurais (Asociación Atila)

· 20.00 h. Petiscos con animación musical por un DJ

Domingo 23

· 10.00 h. Apertura da feira

· 11.00-13.00 h. Cualificación do gando

· 11.00 h. Exhibición de poda en altura con Husqvarna

· 11.30 h. Paseos a cabalo para os máis pequenos

· 12.00 h. Concurso morfolóxico Puraga

· 12.30-14.30 h. Presentación-degustación Hamburguesa Gañidoira. Carpa do Concello

· 14.00 h. Roteiro «Observación de cabalos no Xistral». Ata as 20.00 horas. Dura uns 45 minutos. Inscricións no posto de Puraga

· 16.20 h. Carreira de cabalos (Asociación Atila e Jockey Club)

· 19.00 h. Premios

· Ao longo da xornada, animación musical con Os Charangos.