O Museo de Lugo recibe novas obras

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

Obra de Luis Gómez Pacios
Obra de Luis Gómez Pacios CEDIDA

A familia Veiga Veiga doou dous cadros de Luís Gómez Pacios

23 oct 2021 . Actualizado ás 18:57 h.

O Museo Provincial de Lugo vén de recibir dúas obras de Luís Gómez Pacios doadas pola familia Veiga Veiga de Lugo.

Trátase dun óleo sobre lenzo de 63,4 x 47,4 cm, que representa un ramo de mimosas en flor nun floreiro de cerámica xunto a dous libros colocados aos pés do recipiente, e unha acuarela sobre papel de 56 x 41,8 cm, que mostra unha paisaxe rural cun pequeno núcleo de poboación, os campos da contorna, nun deles coa herba seca amontoada en medas ou palleiros, e un hórreo tradicional en primeiro plano.

Obra do pintor Luis Gómez Pacios
Obra do pintor Luis Gómez Pacios

Luís Gómez Pacios, artista polifacético, prolífico e inquieto, nado en Lugo en 1925 e falecido en 1983, compaxinou a súa actividade creativa co ensino artístico e o seu posto de traballo no propio Museo de Lugo. As dúas obras doadas pasarán a formar parte da colección do artista que se conserva no Museo, integrada ata por 12 obras de pintura, debuxo e gravado e dúas pezas escultóricas.