Que se pode facer en Lugo o xoves 12 de agosto?

Paula Currás / L.L. LUGO/LA VOZ

LUGO CIDADE

Sandra Alonso

Inicio das festas de verán en Rábade e diversas actividades en Baleira

11 ago 2021 . Actualizado ás 22:53 h.

Tarde e Tardiña, en Lugo

«Tarde e tardiña» volverá facerse coa tarde dos xoves unha semana máis. O ciclo de espectáculos para público familiar e adulto trasladará hoxe á Canella do Hospital os espectáculos Kaldi, de Maintomano e Lírica Piringalla, de Lois Pérez, Lito Pereira e Loita Panorama. O primeiro deles, pensado para todos os públicos, terá lugar ás seis e media da tarde. Máis cara á noite, ás nove, será a quenda dos maiores, que gozarán dunha velada poética.

  • onde: canella do hospital

  • a que hora: 18.30 e 21.00

Día cheo de actividades, en Baleira

Miguel Souto

O concello ofrece hoxe un programa de actividades que se encadran dentro do plan «Cultura non camiño». As propostas estenderanse ao longo de todo o día cunha programación que comezará xa pola mañá co pasacalle «Troula», ás 13.00. Ás 17.30, A súa.MA, o espectáculo creado polas artistas galegas Sue Moreno e María Move situarase na Praza do Concello, ofrecendo unha actividade que combina danza e circo. Ás 18.30, volverá haber un pasacalle, neste caso a cargo de «Pulpiño Viascón». O folclore tradicional galego porá fin á xornada coa actuación dos músicos Suso Vaamonde e Xosé LoisRomero , que darán un concerto ás 20.30 no Centro Sociocultural. A entrada será libre ata completar as capacidades determinadas pola situación sanitaria.

  • onde: praza do concello e centro sociocultural

  • a que hora: 13.00, 17.30, 18.30 e 20.30

Comezo das festas, en Rábade

asdg

Rábade dará comezo hoxe ás súas festas de verán cunha proxección de cine para todos os públicos que se situará na Praza de España (Prazuela). O filme seleccionado será «A Galiña Turuleca», que se emitirá ás dez da noite.

  • onde: praza de españa

  • a que hora: 22.00