Máis de 600 balizas verdes para baixar a velocidade no corredor

Carlos Cortés
carlos cortés MONFORTE / LA VOZ

LUGO CIDADE

CEDIDA

Esta vía soporta unha sinistralidade menor á media

28 may 2020 . Actualizado ás 15:43 h.

O corredor de Monforte a Lugo dispón xa de 641 balizas de cor verde que separan os dous sentidos de circulación en todos os tramos de liña continua. Foron instaladas nas últimas semanas por persoal do servizo de conservación de estradas da Consellería de Infraestruturas, e neste departamento da Xunta agarda que sirvan para reforzar a seguridade viaria nesta estrada. Casualmente, o final da súa colocación chega dous días despois do último accidente grave que se produce no corredor, un suceso no que resultou ferido de consideración un condutor e outro estivo a piques de caer co seu camión por unha ponte.

As balizas de separación entre carrís forman parte dun proxecto de reforzo da sinalización de advertencia que incluíu tamén o repintado da liña central con dobre liña branca con resaltos e unha banda verde no medio. Dentro destes traballos, foron colocados tamén 390 placas reflectoras, denominadas tecnicamente captafaros. As balizas son flexibles, para que soporten eventuais impactos de vehículos. Esta nova sinalización reduce lixeiramente o ancho dos carrís de circulación e está pensada para incrementar a atención dos condutores e para axudar a reducir a velocidade.

Menos, pero máis graves

Na consellería aseguran que o corredor entre Monforte e Lugo ten unha sinistralidade inferior á media do conxunto das estradas de titularidade autonómica. Iso si, en xeral os accidentes que se producen nesta estrada teñen consecuencias máis graves que a media,