A recuperación do humidal das Gándaras, premiado pola FEMP

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

ALBERTO LÓPEZ

Recibiu o segundo premio na categoría de medio hídrico en os galardóns de Boas prácticas locais pola diversidade

24 feb 2020 . Actualizado ás 13:50 h.

A recuperación do humidal das Gándaras recibiu o recoñecemento da Federación Española de Municipios e Provincias. Concretamente, a Rede de gobernos locais+biodinámicos, dependente do organismo estatal, concedeu o segundo premio na categoría de medio hídrico aos traballos feitos no bosque de ribeira lucense.

Os premios de Boas prácticas locais pola biodiversidade valoraron o acondicionamento das cinco hectáreas de extensión que o goberno de Lara Méndez impulsou dentro do proxecto europeo Life Lugo+Biodinámico. O obxectivo era preservar a biodiversidade da zona e crear un espazo de esparexemento para veciños e visitantes, aproveitándose ademais para fins de investigación e divulgación

Todo isto pesou na decisión do xurado, que valorou cuestións como o impacto do proxecto nas condicións de vida silvestre e ecosistemas naturais, a sustentabilidade da iniciativa ou o fortalecemento da participación cidadá e a promoción da igualdade dentro das condicións locais. 

«Estamos de noraboa, está dentro do proxecto Life para loitar contra o cambio climático, entón tamén un recoñecemento pola nosa aposta por estos valores naturais de Lugo, para esta loita contra o cambio climático. Como novo motor de crecemento e como modelo das cidades que queremos», dixo Lara Méndez tras coñecer o galardón.