Intenso mes de visitas no Melga pontecesán

La Voz

LUGO CIDADE

Un neno do Manuela Rial superou a marca de castelos con pinzas da roupa

18 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde Barbanza, Lugo, Carballo e Cee chegaron as últimas visitas ao Museo Etnolúdico pontecesán, que se encargou de guiar o seu director, Ricardo Pérez e Verdes. Por unha banda, medio centenar de alumnos dos centros especiais Amicos de Boiro e Amicos de Ribeira, acompañados de once dos seus profesores, achegáronse ata o Melga para coñecer as reviravoltas do museo e participar en diferentes xogos e competicións. Tamén recibiu Pérez e Verdes a visita de case unha vintena de profesores de Lugo, especializados en diferentes disciplinas. De organizalo todo se encargou o docente Pedro Neira, exalumno do director do Melga, que recibiu tamén este mes dúas excursións de centros educativos da Costa da Morte: uns oitenta nenos do CEIP Bergantiños carballés e outros 25 do Manuela Rial Mouzo de Cee, que repetiu por cuarta vez a súa visita. Cabe destacar que Ismael Paz, alumno deste último colexio, bateu a marca de castelos de pinzas da roupa, aumentando a marca un piso máis do que estaba establecido no Melga, conseguindo 30 pisos estables.