Atropelan ao xefe de Protección Civil da Fonsagrada

Tania Taboada LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

FOTO MANUEL

Víctor Lombardía sufriu un golpe na cabeza pero atópase consciente

09 ene 2020 . Actualizado ás 21:33 h.

O xefe de Protección Civil da Fonsagrada, Víctor Lombardía López, foi atropelado sobre as sete e cuarto da tarde deste xoves á altura do número 33 da Avenida de Galicia, en pleno centro urbano da Fonsagrada.

Segundo as primeiras informacións, o home, de 67 anos de idade, cruzaba a rúa para coller o seu vehículo que tiña estacionado en batería, cando foi arroiado por unha furgoneta. A consecuencia do impacto, sufriu un golpe na cabeza aínda que se atopa consciente. 

O incidente produciuse cinco metros máis abaixo dun paso de peóns e nun lugar con pouca luz. 

Persoal sanitario atendeuno nunha ambulancia no lugar do incidente e ao momento acudiu unha patrulla de Atestados.