A Confederación do Cantábrico limpará as canles do Navia e Eo

LUGO CIDADE

CEDIDA

A federación veciñal de Lugo preséntalle un informe para investir 975.000 euros en ríos de trece concellos da montaña e ría de Ribadeo

11 dic 2019 . Actualizado ás 19:49 h.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Manuel Gutiérrez, mantivo onte un encontro en Lugo con membros da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, que lle presentaron un informe para demandar a limpeza de canles e retirada de árbores nos ríos Navia e Eo, ademais dos seus afluentes.

As accións terían un custo aproximado aos 975.000 euros e inclúen melloras nas canles do río Lameirón ao seu paso por Baleira, o Eo en Trabada e A Pontenova, o río Machín en Riotorto , o Rodil en Ribeira de Piquín e A Fonsagrada, o Logares na Fonsagrada, varios ríos en Negueira de Muñiz, o Grande en Ribadeo e o Navia ao seu paso por Cervantes, Becerreá, Pedrafita e Navia de Suarna. En total uns 75.000 euros por cada un dos 13 concellos.

O presidente da Confederación comprometeuse a meter nos próximos orzamentos unha partida para comezar os traballos en varias anualidades. Na reunión cos veciños tamén estivo o responsable de Augas da Confederación e o técnico axente ambiental do Eo e do Navia, así como a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez