Unha xornada técnica mostrará pautas de traballo aos criadores de porco celta

X.M.P. LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

ÓSCAR CELA

Varios relatores intervirán o sábado no Pazo de Feiras en Lugo

20 novs 2019 . Actualizado ás 09:48 h.

A Asociación de criadores de raza porcino celta (Asoporcel) programou para o sábado, no Pazo de Feiras, unha xornada técnica cuxo obxectivo é dar pautas de traballo aos socios. O que se busca é que os criadores teñan ferramentas para que as explotacións funcionen como pequenas empresas sostibles e rendibles, dixo onte, na presentación, o presidente de , AsoporcelJosé Barreira.

Na xornada abordaranse asuntos variados. Cruz Castro, veterinaria de , Asoporcelanalizará os comezos dunha explotación centrada nesta raza porcina, e Fernando López, técnico da Consellería do Medio Rural, explicará logo o sistema de axudas. A bioseguridad en granxas (a cargo do veterinario Jordi Baliellas), a transformación e a comercialización (expostas polo xefe de servizo de en Industrias e Calidade Agroalimentaria Lugo, Rafael Pérez) e os valores nutricionais deste animal (analizados por Daniel Franco, investigador do Centro Tecnolóxico da Carne) completan o programa.