Técnicos de orquestras galegas piden recoñecemento para as festas

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

Aproveitaron unha cea en Ames para apoiar que os festexos sexan declarados BIC

19 novs 2019 . Actualizado ás 11:44 h.

Os técnicos de orquestras galegas non se esquecen das festas nin estando eles de descanso, Proba diso é que o venres pola noite celebraron unha cea en Ames, e aproveitaron a reunión para sumarse á campaña que pide para as festas populares o recoñecemento de Ben de Interese Cultural. Esa iniciativa presentouse hai varias semanas, cando no calendario festivo galego aínda quedaban citas tan sinaladas como As San Lucas en Mondoñedo. Os técnicos non só compartiron mesa e mantel, senón que ademais posaron con camisetas cuxo lema é o apoio a esa campaña en favor das festas.