Lugo vibra ao ritmo do Caudal Fest

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

Miles de persoas congréganse xunto ao Miño no festival lucense

21 sep 2019 . Actualizado ás 11:20 h.

O último gran festival do verán ten a Lugo como epicentro. Onte pola noite arrincou a segunda edición dun Caudal Fest que comezou con abarrote de música e de xente. Porque miles de persoas se congregaron a beiras do río Miño para gozar de actuacións como as de Marea, A MODA ou O Adhesivo.

Hoxe chegará a quenda de artistas como Xoel López, Bert, Izal ou Carolina Durante, entre outros moitos.