Detida cando trataba de introducir droga oculta na súa roupa interior en Bonxe

A muller entregou voluntariamente 25 gramos de haxix e 15 pastillas de cor branca, da familia das benzodiacepinas


A Garda Civil detivo en Outeiro de Rei a unha veciña de Lugo de 67 anos de idade como suposta autora dun delito de tráfico de drogas. Os feitos ocorreron cando a presunta autora, nunha visita autorizada a un familiar que presta condena nun centro penal, pretendía introducir supostas substancias estupefacientes que ocultaba na súa roupa interior. 

Unha vez arrestada, a muller entregou voluntariamente 25 gramos dunha sustancia, supostamente haxix e de 15 pastillas de cor branca supostamente da familia das benzodiacepinas. A muller xa foi posta a disposición xudicial. 

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Detida cando trataba de introducir droga oculta na súa roupa interior en Bonxe