Foro Lugo ataca á oposición de Lugo

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

cedida

A formación pecha a campaña cun acto no que incluirá música

23 may 2019 . Actualizado ás 19:42 h.

Foro Lugo Independente baixa este venres o pano á campaña cun acto no parque da Milagrosa a partir das 20 horas que incluirá a actuación dun dúo musical. A formación aproveitará para expor de novo as súas propostas e tamén para cargar contra a oposición, que considera cómplice da situación municipal.

«Semella que goberno e oposición se limitan a seguir a inercia cara a ruína de Lugo», defende Foro. Para a formación que encabeza Ildefonso Saavedra, a «oposición cala» ante cuestións crave. «Foro Lugo Independente tamén quere falar dos presuntos amiguismos que presuntamente hai entre empresa contratadas polo Concello e algúns membros do equipo de goberno. A oposición cala!», denuncian. E o mesmo sucede, din, en cuestións que incumben á Banda de Música, ou aos salarios. «Hai que falar de profesionalizar a xestión municipal. Hai que remunerar ao persoal dacordo coas funcións que realizan», din.