O HULA promove a lactación materna con formación

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

cedida

300 profeionales participaron nun curso impartido por expertos do Lucus Augusti

23 may 2019 . Actualizado ás 12:31 h.

Un total de 300 profesionais sanitarios de Lugo, tanto de atención primaria como hospitalaria, participaron esta semana nun curso de lactación materna impartido no HULA baixo a organización da comisión de lactación do centro. O obxectivo era apoiar e fomentar a lactación materna.

Matronas, enfermeiros, auxiliares de enfermería, pediatras, xinecólogos e anestesistas participaron na iniciativa, que tivo unha parte online e outra presencial. Esta parte foi impartida por pediatras e matronas expertas e acreditadas en formación de lactación e celebráronse en grupos reducidos. 

O Lucus Augusti conta desde hai un ano cunha comisión de lactación cuxo reto é aumentar as taxas de lactación materna entre as mulleres e apoiar a formación.