Un profesional con gran amor ao medicamento

x.m.p. LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

15 feb 2019 . Actualizado ás 08:28 h.

Fernando Pardo Gómez tivo consulta en Lugo durante décadas. Fai catro anos, en xullo do 2014, contaba a Lucía Rey, redactora deste xornal, que chegara o momento de parar. A expresión parece lóxica en quen acada a idade da xubilación, pero este médico tiña un detalle singular: nacera en 1922, así que se mantivo activo ata despois de cumprir os 90 anos.

Tras estudar en Madrid a carreira, na década dos cincuenta chegou a Lugo, onde tivo unha destacada consulta. O seu despacho - situado na rúa de Armanyá, fronte ao edificio da Subdelegación do Goberno- foi moi recoñecido por pacientes de Lugo e doutros moitos municipios debido ao prestixio de Fernando Pardo Gómez como especialista en aparello dixestivo e endocrinoloxía. Pero se como médico estivo activo cunha avanzada idade, o mesmo ocorreu coa súa vida intelectual, que o levou a escribir libros e a colaborar en prensa. Interveu en política, pois foi senador Alianza Popular, e presidiu o Colexio Médico de Lugo. Estivo vinculado por razóns familiares con , A Mariñae en San Cibrao era habitual a súa presenza en meses de verán.