Lugo acollerá a manifestación feminista galega o 3 de marzo

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

ALBERTO LÓPEZ

O equipo de goberno sumarase á folga do día 8

13 feb 2019 . Actualizado ás 08:24 h.

Lugo acollerá a manifestación feminista galega o próximo 3 de marzo. Así o anunciou esta mañá a concelleira Ana González Abelleira, que se declarou «orgullosa» de que a capital lucense sexa a cidade elixida polo movemento feminista de Galicia para saír á rúa e dar visibilidade ás súas reivindicacións. Comezará ás 12 da mañá no multiusos e finalizará na Horta do Seminario.

A manifestación non será o único acto que se celebrará na cidade no marco da loita feminista. O día 8 haberá desde as 20 horas unha ruada que finalizará na Praza de Santa María «para rexeitar vos retrocesos que se están a vivir e en apoio á folga laboral, de coidados, de consumo e de estudos» convocada para esa xornada; e o día 10 terá lugar unha andaina pola muralla que comezará ao mediodía. Desde o Concello matizaron que aínda hai máis actividades pendentes de concretarse.

O equipo de goberno fará folga

O equipo de goberno sumarase á folga do 8 de marzo. Así o anunciou González Abelleira, que explicou que todos renunciarán ao seu salario, e que instou o resto de grupos «a que se animen a amosar a súa repulsa ao patriarcado». A edila lembrou que o lema será «mulleres con forza»