O Concello prohibe aos dous avós que se learon a navalladas no Maruja Mallo a entrada a todos os centros de convivencia da cidade

Tania Taboada

LUGO CIDADE

ÓSCAR CELA

24 ene 2019 . Actualizado ás 20:41 h.

Tras a disputa ocorrida entre dous avós, que se learon a navalladas polas diferenzas nas partidas de dominou na tarde do luns no centro de día Maruja Mallo de Lugo, o Concello, como medida cautelar, vén de aprobar un decreto no que prohibe a estes dous homes a entrada a calquera centro municipal de convivencia da cidade. Desde o goberno municipal explicaron que se trata dun feito puntual e que decidiron tomar esta medida de xeito provisional. 

Un dos homes é natural de Castroverde, cumpriu o propio día da liorta 72 anos e as súas iniciais son J.A.F.G. O outro, naceu na Fonsagrada, ten 83 anos e as súas iniciais son A.R.P.