Nace en Lugo un centro comercial online

O novo establecemento só vende produtos de edición limitada e exclusivos


LUGO / LA VOZ

Creceu escoitando todo tipo de música, memorizando todas as cancións de Fórmula V e rebuscando entre as multitude de cintas que o seu pai gardaba en casa. A Javi Balado, de 36 anos de idade e nado en Castro de Rei, inculcáronlle a música desde os seus primeiros anos de vida e talvez foi isto o que o levou a ser un gran coleccionista de vinilos.

A súa provisión de material rolda nin máis nin menos que os 6.000 discos e moitos posúen o valor de estar asinados polos propios autores. «Teño un disco asinado de Elvis Presley que data do ano 1963 e que llo merquei a un particular. É tan especial que o teño apartado nunha esquina da estantería e onde apenas se ve», relata Javi, que coñece á perfección os establecementos e particulares que promoven concertos e montaxes de escenarios a nivel internacional.

Pero como a súa cabeza non deixa de discorrer nin un só segundo, fai tres anos xurdiulle unha idea que puxo en marcha e que agora se atopa en fase de captación: pór á venda por Internet, a través dunha páxina web, produtos de edición limitada e exclusivos. «Trátase dun centro comercial online. A través dunha páxina web, que leva por nome otrono.com, empresas ou particulares que o desexen e reúnan os requisitos, poderán vender os seus produtos de edición limitada a través desta páxina», relata Javi, que pola información que manexa é o primeiro portal web a nivel mundial que ofrece este servizo.

Captando vendedores

Nestes momentos, este emprendedor atópase captando vendedores que leven implícito nos seus produtos a exclusividade. «Quero darlle á páxina a seriedade que se merece; por iso, os interesados en poñer a venta os seus produtos teñen que pasar uns filtros moi rigorosos», indica Javi.

«Ademais de captar os vendedores, tes que incentivalos e é por iso que os tres primeiros meses non teñen que pagar nada», indica.

Aínda que a súa predilección son os vinilos, este mozo acepta todo tipo de material, a condición de que, obteña o certificado de edición limitada. «Desde zapatos, xoias, figuras... Pero sempre e cando gocen desa marca de exclusividade, que é o que diferenza a miña páxina doutras plataformas», engade este emprendedor de Castro de Rei.

Todo aquel que desexe pórse en contacto con este centro comercial online poderá facelo a través dun formulario que se atopa na páxina web otrono.com.

«Teño un disco asinado por Elvis Presley datado non ano 1963 e que llo merquei a un particular

«Interesar en poñer en venda vos seus produtos teñen que pasar uns flitros rigorosos»

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
6 votos
Comentarios

Nace en Lugo un centro comercial online