Un «pegote» avalado por Patrimonio con permiso e coas taxas pagas

La Voz

LUGO CIDADE

06 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta tamén reaccionou ás declaracións do concelleiro Daniel Piñeiro nas que dicía que o que se fixo co escudo foi un «pegote». «A solución técnica -indicou o organismo autonómico- para a ocultación deste símbolo está avalada polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta, cumpre coa lei de memoria histórica e non impacta negativamente desde o punto de vista da protección deste edificio catalogado». Lembra que a obra consistiu en pór un taboleiro que oculta o símbolo.

A Xunta advirte de que dispuña de autorización previa, que fixo a oportuna comunicación ao Concello de Lugo e pagou a taxa correspondente. Durante todo o proceso, non houbo ningunha comunicación por parte do Concello, lembra o organismo que onte presentou como documentación a autorización de Patrimonio Cultural, a comunicación de actuación urbanística, o informe técnico dun arquitecto e unha copia do ingreso da taxa.