As claves para lucir o corpo perfecto

Tania Taboada

LUGO CIDADE

A depilación perfecta, ese é o obxectivo dos novos láseres, como o de diodo, que proporcionan un resultado de calidade coa vantaxe do seu funcionamento a baixa temperatura. Nos salóns de beleza de Eduardo Souto, en Lugo, utilizan a tecnoloxía máis innovadora ao servizo da estética.

31 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai tempo que a depilación deixou de ser un tema tabú para a maioría dos homes, dado que a día de hoxe converteuse nun ritual máis de beleza. Poucos son os que non acoden ao centro de estética para retirar, polo menos, o pelo do peito, pescozo, costas, barba ou abdome. Ademais, a maioría deles opta por sumarse á nova tecnoloxía láser para evitar os incómodos e dolorosos tiróns que produce a cera.

Desde a cadea de barbería e estética Eduardo Souto de Lugo recomendan o láser e explican a tecnoloxía que usan. «Utilizamos a tecnoloxía máis innovadora e desenvolvida do momento. Trátase dunha depilación con láser de diodo de alta potencia e intensidade Sapphire. As nosas máquinas teñen un sistema con tecnoloxía Depilice, o que significa que o diodo traballa a temperaturas de ata -7 Cº. O frío fai indolora a depilación láser de alta potencia», indica Eduardo Souto, xerente do salón. Segundo o propietario desta cadea de barbería e estética, que este ano celebra o seu vinte e cinco aniversario e conta con sete salóns na capital, cada día son máis os homes que se suman á comodidade de estar totalmente depilados. «Estamos nunha época na que non só a imaxe xoga un papel moi importante, senón tamén o practicar deporte, o ritmo de vida… en definitiva, a comodidade», indican o xerente.

Segundo o relato deste empresario, nos últimos anos, estes tratamentos hanse convertido en algo habitual, e, en principio, calquera persoa pode depiarse con láser. «Non está indicado en mulleres gestantes nin en período de lactación. Do mesmo xeito que tampouco está recomendada en persoas con enfermidades de tipo canceroso ou sometidos a tratamentos de radio ou quimioterapia. Son casos excepcionais», asegura.

En canto ao número de sesións necesarias para acabar por completo co vello dunha zona, Eduardo Souto indica que depende do tipo de pelo e ton de pel, pero xeralmente con seis ou oito sesións o pelo desaparece. «Cos ciclos de crecemento do pelo as sesións deben facerse cada dous meses. Unicamente no facial, que se podería reducir a seis semanas, aproximadamente», indica o xerente do salón.