Dun Garda Civil aos seus compañeiros de Operación Copérnico

Roberto Rois GARDA CIVIL

LUGO CIDADE

21 oct 2017 . Actualizado ás 18:59 h.

Día 27 de setembro. Sete da mañá. Punto de encontro: Comandancia da Garda Civil de Lugo. Uns coñeciámonos/coñeciámosnos, outros non. De vista si, claro, pero con moitos deles só me unía un simple «ola», un «ata logo» ou «que teñas bo servizo». Ese día, os nove embarcamos nese destino: Cataluña.

Pregúntolle a un compañeiro co que teño confianza por Amador «o mangallón», posto que está destinado con el. Respóndeme : todo o que ten de grande teno de bonachón. Certo. Ás poucas horas de estar con el, ¡verificado!

Tal como díxome Luis, Elpidio «o calado», é pouco falador pero coa mirada xa o di todo (ou case todo). Serenidade e tranquilidade. Perfecto para pertencer ao equipo de atestados da gloriosa agrupación de Tráfico. Clemente «o perillán». Con esa picardía pola experiencia, seriedade e serenidade que o define, di del que é unha gran persoa. Roi «o cantante». Si, ten un grupo de música e bo porte, tamén dicharachero. Luis «o combativo». Ten ese ardor guerreiro que a min xa me falta coa idade. Sempre está disposto para actuar. Racamonde «o chancero». É só verlle e botarche a rir. Ten ese don da graza que xa nos gustaría a moitos posuír. Con só unha palabra conseguiu que me saíse a bebida polo nariz, acórdasche Raca?

Noé «o soldado». Recto, firme e constante como un militar de carreira. Sempre prevido. Ao seu lado atópasche seguro. Canoura «o afable». Distinguido e nobre coa súa tamén simpatía, agradable para conversar e moi familiar. Que sorte teñen a túa muller e fillo de terche como cabeza de familia. E un servidor, o alias mellor que mo poñan eles.

Que bo equipo e que bos amigos nos fixemos eses días na «Operación Copérnico». Pasáronse bos e peores intres, pero xuntos ou separados cumprimos co ordenado. Con calquera de vós faría servizo e sentiríame resgardado.

Cal é o noso próximo destino compañeiros?