O centro da emigración de Láncara, visitado polo embaixador de Cuba

a voz LUGO

LÁNCARA

ALBERTO LÓPEZ

A casa natal do pai de Fidel Castro albergará as instalacións

01 mares 2020 . Actualizado ás 19:07 h.

O embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín, e a cónsul dese país para Galicia, Yahima Martínez, visitaron este sábado pola mañá, con autoridades provinciais e locais, o Centro de interpretación da emigración de Galicia a América, que estará situado na casa natal do pai de Fidel Castro, no municipio de Láncara.

As obras avanzan a bo ritmo. A imaxe da casa é moi diferente da que presentaba fai só uns meses, e agárdase que os traballos rematen proximamente. Dirixentes cubanos visitaron en diversas ocasións o municipio de Láncara.