Os cans da polémica leira de Láncara, levados a unha clínica por orde xudicial

Persoal da Xunta e do Seprona acudiu ao lugar,  e os animais foron levados a Outeiro de Rei 


Lugo / La Voz

Sete cans dunha leira de propiedade particular situada no municipio de Láncara  foron levados onte pola tarde a unha clínica veterinaria de Outeiro de Rei en cumprimento dunha orde xudicial. A resolución, ditada por un xulgado da capital da provincia, chegou tras varios días nos que a situación dos animais, pertencentes ao mesmo dono, desatara polémicas polas condicións en que se atopaban.

Ao lugar desprazouse persoal da Consellería de Medio Ambiente e do Seprona así como o alcalde, Darío Piñeiro. No entanto, a súa presenza non significou a inmediata retirada dos animais, posto que se carecía de permiso para entrar no recinto. Contactouse co dono da propiedade, que se atopaba fóra do municipio pero que se desprazou ao lugar e facilitou a operación.

Críticas do dono

O sábado pola tarde, divulgáronse imaxes dun can que había aparecido morto na leira, aínda que o dono negou que fose seu. Segundo a súa versión, o ocorrido é froito do comportamento de veciños que queren facerlle dano. O luns, segundo explicou, pevé acudir á Garda Civil para entregar documentación. 

;
Aparece un can morto na leira de Láncara na que investigan un caso de posible abandono animal O animal foi previsiblemente atacado por outros canes e os seus restos serán trasladados ao Rof Codina para practicar a necrópsia

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
10 votos
Comentarios

Os cans da polémica leira de Láncara, levados a unha clínica por orde xudicial