Morre o ximnasta guitiricense Jonathan Carro

X.M.P. GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

cedida

Formou parte das Escolas Deportivas de Guitiriz e foi profesor

29 ene 2020 . Actualizado ás 00:04 h.

Esta tarde, en Guitiriz, foi despedido Jonathan Carro, ximnasta que desenvolveu unha ampla traxectoria. Falecido onte, aos 26 anos de idade, por mor dunha leucemia, Carro tiña gran afección á danza aínda que tamén practicou ximnasia rítmica. Primeiro entrou nas Escolas Deportivas do municipio guitiricense, e logo, anos despois, mesmo chegou a ser profesor de ximnasia de mantemento na localidade. Pola súa actividade na área de ximnasia de mantemento, tamén foi premiado na Gala do Deporte organizada polo Concello no ano 2012.

Aínda que nos últimos tempos vivía fóra da localidade, mantiña o contacto con Guitiriz, onde viven a súa familia. O seu pai traballa nun coñecido taller da vila tras ter chegado á localidade da provincia da Coruña, igual que a súa nai. O seu traballo en foinas encomiado esta mañá polo monitor municipal, Manuel Martínez. Para leste, Jonathan Carro deixa un gran recordo polo seu perfil de persoa responsable, discreto e traballadora.

Tamén lembrou a Jonathan Carro o sacerdote Alfonso Blanco , coordinador de Xermolos, que o describiu como unha persoa de ánimo loitador.