A Deputación investirá 350.000 euros en tres obras viarias en Guitiriz

LA VOZ GUITIRIZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

Estaa incluída nos lugares nos que se actuará

27 dic 2019 . Actualizado ás 20:18 h.

A Deputación Provincial realizará proximamente, no termo municipal de Guitiriz, tres obras de mellora viaria que terán un orzamento total de 350.000 euros. Unha delas será o arranxo de seis quilómetros da LU-P-2302, comprendidos entre Mariz e o límite co municipio de ( Sobrado dos Monxes A Coruña). Outra será a reparación da rúa do Mercado, que forma parte da estrada de (LU-P-2301). Os Vilares A terceira será a mellora da vía A Moscosa-Parga (LU-P-2305), con colocación de beirarrúas a ambos os dous lados nun tramo de 200 metros.