Selo de calidade para outros catro establecementos de Guitiriz

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

CEDIDA

O auxe do Camiño Norte destaca como un dos elementos de desenvolvemento turístico

13 novs 2019 . Actualizado ás 20:31 h.

Outros catro negocios de Guitiriz lograron un selo de calidade dentro do programa Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino). Dous establecementos de hostalería (Bar A Capela e Bar Recreo), un servizo privado (Taxi Anxo Neira) e un público (Protección Civil) engrosan a lista de membros de entidades con esa distinción. Doutra banda, tres negocios (Albergue Wittericus, Cámping O Mesón e Parrillada Merendeiro) pasaron ao nivel 2 deste proceso, e outros oito (dos que a Oficina de Turismo e a Policía Local pertencen á área pública e Panadería David, Panadería A Esquina, Foto Kantero, Restaurante A Casa, Bar Korreo, Bar CIT e Bar Xoldra á privada) están xa na fase de seguimento e de renovación.

A mesa de calidade que funciona no municipio, con presenza de varias administracións, reuniuse esta mañá no consistorio guitiricense. No acto recalcouse o auxe do Camiño Norte, cuxo trazado pasa polo sur do municipio, como un dos elementos que poden axudar ao desenvolvemento turístico local.