O Concello de Guitiriz fomenta o consumo de froita nos escolares

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO

Uns 300 nenos, alumnos dos colexios e do PAI, participan na campaña

15 oct 2019 . Actualizado ás 20:15 h.

O Concello de Guitiriz puxo en marcha o programa Recreos con froita, que fomenta uns hábitos saudables na infancia. A iniciativa conta coa participación duns 300 nenos, alumnos dos dous colexios do municipio (o CEIP Lagostelle e o CEIP Santo Estevo, de Parga) e do Punto de Atención á nfancia (PAI) e con idades comprendidas entre os tres e os doce anos.

A medida é unha má das impulsadas polo Concello para a poboación máis nova. En Guitiriz, desde hai anos, tamén funciona o programa Madrugadores, que ofrece atención aos nenos antes do comezo da actividade nos colexios e co que se pretende dar facilidades a familias con fillos en idade escolar.