Mozos de Guitiriz aprenden robótica

X.M.P. GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

CEDIDA

A Aula Cemit acolleu un taller sobre esa actividade

30 ago 2019 . Actualizado ás 19:04 h.

Familiarizarse co mundo da robótica foi o que fixeron esta mañá novas de Guitiriz, que participaron nun taller celebrado na Aula Cemit da localidade. Na actividade aprenderon cuestións de software, así como as partes dun robot e as funcións que realizan.