Os filtros da potabilizadora de Guitiriz funcionan ben, segundo un informe

La Voz GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

O Concello admite que a auga pode aínda saír algo turbia durante varios días

23 ago 2019 . Actualizado ás 20:58 h.

Os filtros colocados na potabilizadora de Guitiriz funcionan correctamente, segundo o informe elaborado por persoal da empresa que os instalou. As análises encargadas polo Concello revelan que a auga é apta para o consumo, aínda que se asume que aínda pode seguir saíndo turbia algúns días nalgunhas zonas, antes de volver á normalidade.