Urbanismo, persoal e transporte, claves no futuro de Guitiriz

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO PENAS

A aprobación definitiva do PXOM ou a supresión dos pasos a nivel en Parga están pendentes

12 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fai dez anos, en Guitiriz recollíase o desenvolvemento de senllos plans parciais en seis lugares da localidade que poderían servir para unha expansión que atenuase a imaxe alongada do centro urbano. Doutra banda, nestes anos hase comentado máis dunha vez a posibilidade de abrir rúas, que tamén en terían incidencia no tráfico, dominado polo tramo urbano da N-VI , principal arteria da vila.

No entanto, trátase de asuntos cuxa importancia contrasta coa falta de consecuencias prácticas, posto que falta, a pesar dos anos transcorridos desde o seu inicio, a conclusión do novo plan urbanístico.

 URBANISMO

Un plan sen acabar e outro en proxecto. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) iniciou a súa tramitación na pasada década. O documento logrou a aprobación inicial; pero a falta de aprobación definitiva condiciona o desenvolvemento de plans parciais ou a apertura de novas rúas, asuntos que non pasaron da fase teórica. Ata cuestións ambientais, como a catalogación de árbores que quedarían protexidos e non se poderían tallar, están freadas.

Outro asunto que se abriu paso ao final deste mandato foi a aspiración dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI) para varios barrios de O Buriz e de . Os VilaresA proposta aprobouse no pleno de xaneiro, e a obtención da declaración permitiría o acceso a axudas públicas para a mellora de vivendas. O Concello mesmo convocou, o mes pasado, unha reunión de veciños dos núcleos incluídos con membros da empresa redactora da proposta.

O lugar fixado para ese encontro, O Vilariño (Os Vilares), ten un interese que vai máis aló do estritamente arquitectónico, xa que se trata do barrio natal do poeta Xosé María Díaz Castro. Polas parroquias dos Vilares e de discorre O Buriz unha ruta de sendeirismo, inspirada no autor de . NimbosEn está O Vilariño a casa natal do escritor, propiedade da Asociación Cultural Xermolos, que desde hai anos loita por levar a cabo a súa restauración. En xaneiro anunciouse que a Deputación achegaba 10.000 euros para o proxecto.

 PERSOAL

O GES, un servizo polémico. No pleno de novembro o grupo de goberno, co apoio do edil Jesús Veres, acordou renunciar a seguir sendo sede do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES), que prestaba servizo a este municipio e a outros tres -Friol, Begonte e Xermade-. Daquela o Concello decidiu aplicar un Expediente temporal de regulación (ERTE), o que xerou unha demanda de nulidade.

 A situación afecta mesmo ás eleccións sindicais previstas no Concello. Ían celebrarse o día 20: pero o calendario debe modificarse ao ter sido incluídos os traballadores do servizo, seis en total, no censo de persoal. Outra cuestión é que os traballadores cheguen a ser readmitidos, o que implicaría a necesidade de colocalos nalgún servizo do Concello, posto que o GES xa non funciona.

Hai semanas, antes das eleccións, persoal da Confederación Intersindical Galega (CIG) reuniuse cos distintos candidatos e expúxolles a posibilidade de solicitar á Xunta un novo GES, cuxa persoal se ampliaría con outras contratacións ata completar as 12 persoas que adoitan formar eses servizos.

 TRANSPORTE

Novo rexeitamento en Parga a un plan de supresión de pasos a nivel. Hai varios meses, o organismo Administrador de infraestruturas ferroviarias (ADIF) presentou un plan para suprimir tres pasos a nivel en Parga. A proposta atopou rexeitamento dos partidos políticos e de veciños, por considerar que a vila quedaría partida en dúas, ata o punto de que se constituíu unha plataforma cidadá para canalizar a oposición.

 Ese colectivo presentou unha alternativa, consistente nunha variante ferroviaria, que discorrería ao norte de Parga, cun trazado duns tres quilómetros e un custo duns oito millóns de euros. A obra non depende do Concello, aínda que a súa capacidade para xestionar ante ADIF unha saída ao problema antóllase decisiva.

 MEDIO AMBIENTE

A auga, unha periódica inquietude. No outono pediuse publicamente que non se consumise auga da traída ao acharse altos niveis de ferro, medida que durou varias semanas. O Concello colocou filtros nos depósitos, aos que chega a auga procedente do encoro de San Xoán, aínda que falta a instalación de máis filtros, para o que se reservou unha partida de 100.000 euros nos orzamentos deste ano. Tamén esá pendente a colocación dun baipás no encoro, de modo que a auga podería chegar dos arroios á rede sen pasar polo pantano. O PSOE recolleu no seu programa electoral a solución dos problemas nas traídas públicas.

 SOCIEDADE

A Casa da Botica, unha vella aspiración. Tras anos de polémicas e de trámites, en abril anunciouse a adxudicación das obras para restaurar a Casa dá Botica e convertela en xeriátrico. As obras dependen da Deputación, aínda que o edificio foi achegado polo Concello tras compralo. O PSOE incluíu no seu programa a conclusión da residencia, así como a transformación do Punto de Atención á Infancia (PAI) nunha escola de educación infantil, o que permitiría ampliar as prazas dispoñibles para nenos de ata tres anos.