Lugo será a capital da tradición oral atlántica

GUITIRIZ

Quince espectáculos de contadores de Xapón, Uruguai, Alacante, Madrid e Galicia encherán de historias a provincia

28 feb 2019 . Actualizado ás 21:45 h.

A cultura atlántica, a través da narración oral, darase cita do 20 ao 23 de marzo na provincia de Lugo. Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral, chega por primeira vez a Lugo para encher a provincia de voces e historias de perfil atlanticista. Un dos principais obxectivos é difundir e preservar a tradición oral galega e de todas as culturas do arco atlántico, ademais de dar visibilidade ás novas voces da narración oral galega. Así, un total de quince espectáculos percorrerán Lugo, Viveiro, Monforte, Guitiriz e A Fonsagrada da man dunha ducia de contadores procedentes de Xapón, Uruguai, Alacante, madrid e Galicia. Todas as funcións serán gratuítas.

· Mércores 20

«Un, dous e tres! Contos ao revés», Fátima Fernández (Galicia), 12.15h, CEIP Rosalía de Castro. Lugo

«Contos de medo que dan risa», Pablo Albo (Alacante), 18.00h, Biblioteca Municipal. Lugo. Infantil e familiar

«Contar», Celso F. Sanmartín (Galicia), 20.30h, O Vello Cárcere. Lugo. Público adulto

· Xoves 21

«Contos de medo que dan risa», Pablo Albo (Alacante) e «Romaría», Raquel Queizás (Galicia), 17.30h. Salón de actos dos Chaos. A Fonsagrada. Público infantil

«Contos pouco edificantes», Pablo Albo (Alacante) e «Palabras na boca», Raquel Queizás (Galicia), 20.00h. Salón de actos dos Chaos. A Fonsagrada. Público adulto

«Contos do que non hai», María da Pontragha (Galicia) e «Nas corripas da memoria», Lois Pérez (Galicia), 20.30h, O Vello Cárcere. Lugo. Adultos

· Venres 22

«Contos lerias e cousas pequenas», Vero Rilo (Galicia) e «Contos para viaxar a Xapón», Yoshi Hioki (Xapón), 17.30h. Biblioteca Municipal. Lugo. Público infantil e familiar

«De Tin Marín», Soledad Felloza (Uruguai-Galicia) e «Contar», Celso F. Sanmartín (Galicia), 17.30h. Monforte

«Contos de medo que dan risa», Pablo Albo (Alacante) e «Contos de hai mil anos... ou máis», Ángeles Goás (Galicia), 17.30h, Casa Habanera. Guitiriz. Público familiar

«Contos para adultos», Vero Rilo (Galicia) e Yoshi Hioki (Xapón), 19.30h. O Vello Cárcere. Lugo. Público adulto

«O comezo do mundo», Soledad Felloza (Uruguai-Galicia) e «Contar», Celso F. Sanmartín, 20.00h. Monforte

«Contos pouco edificantes», Pablo Albo (Alacante) e «O medo é libre», Ángeles Goás (Galicia), 20.00h. Casa Habanera. Guitiriz. Adultos

· Sábado 23

«Unhas gafas como as do avó», Caxoto (Galicia) e Gema Santos (Madrid-Galicia), 11.30h. MIHL. Lugo. Familiar. Con voz e lingua de signos