Unanimidade na corporación de Guitiriz na necesidade dun ARI para Os Vilares e O Buriz

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

A proposta céntrase nunha zona con máis de cen vivendas

01 feb 2019 . Actualizado ás 18:23 h.

As formacións con representación municipal en Guitiriz (faltou, por motivos de saúde. o edil non inscrito, Jordi Blengua) estiveron de acordo, no pleno de onte á noite, na necesidade de solicitar a declaración de Área de Rehabilitación Integral (ARI) para varios núcleos de e Os Vilares de . O BurizA proposta do grupo de goberno céntrase en unha zona na que hai máis de cen vivendas e algúns lugares de interese máis que arquitectónico: así ocorre, por exemplo, en , O Vilariñoonde naceu o poeta Xosé María Díaz Castro.

O goberno local prevé agora realizar reunións con veciños da zona para explicarlles a iniciativa, que se é aprobada pola Xunta, permitirá acceder a axudas para a rehabilitación de inmobles.