29 ene 2019 . Actualizado ás 08:28 h.
Unhas 130 persoas participaron na quinta saída dos Roteiros pola Comarca, que organizan as sete ANPAS dos colexios públicos Luis Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro, Illa Verde, Quiroga Ballesteros, As Mercedes e Outeiro de Rei. Realizaron a ruta de Sete Muiños, de 7,5 quilómetros, por Guitiriz, e visitaron casa-Museo do escultor Víctor Corral , en Baamonde.