Visita guiada polo pasado de Guitiriz

La Voz GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

A exposición de fotos antigas contou cun percorrido no que fixo de guía Manuel Castro Santamariña

24 ene 2019 . Actualizado ás 18:25 h.

A exposición fotográfica Tal como eramos, montada un ano máis polo Instituto de Estudos Chairegos na Escola Habaneira de Guitiriz, supón unha ocasión para descubrir ou para reencontrar o pasado local. Nesta edición, ademais, houbo oportunidade de ver o pasado con explicacións.

O Concello organizou en días pasados unha visita na que o guitiricense Manuel Castro Santamariña, ex presidente do Iescha, actuou de guía e á que acudiron decenas de veciños.