Confianza nunha solución rápida para o problema da auga en Guitiriz

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

PALACIOS

A corporación apoia por unanimidade a compra de filtros, que se colocarán na rede de distribución para intentar rebaixar o nivel de ferro

16 novs 2018 . Actualizado ás 13:42 h.

Toda a corporación de Guitiriz (os grupos do PSOE e do PP máis os respectivos edís do BNG e de e Converxencia Galega o concelleiro non adscrito) está de acordo en agardar unha rápida solución para o problema da auga da traída, que desde principios de outubro non se pode consumir polo seu alto nivel de ferro. Nun pleno extraordinario celebrado esta mañá, a decisión de comprar filtros, que se colocarán na rede de distribución para intentar rebaixar o nivel de ferro, foi ratificada por unanimidade.

A celebración do pleno estivo xustificada pola realización dunha modificación orzamentaria. De todos os xeitos, a unanimindad non impediu algúns reproches. O portavoz do PP, Xosé María Teixido, lamentou o abandono que neste asunto sufrían os veciños; e o concelleiro do BNG, Xosé Lois González Souto, asegurou que a medida, aínda que correcta, chegaba tarde.

No pleno tamén se aprobaron os festivos locais para o 2019, que serán o martes de entroido (5 de marzo)  e o día de San Xoán (24 de xuño).