Alfonso Blanco recibirá o día 24 o título de Fillo Adoptivo de Guitiriz

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

Foto Suso

O acto celebrarase na igrexa de Santa María

14 novs 2018 . Actualizado ás 21:25 h.

O sábado 24 é o día elixido para que se entregue a Alfonso Blanco o título de Fillo Adoptivo de Guitiriz, distinción que a corporación acordou concederlle hai meses. O acto celebrarase, ás doce do mediodía, nun acto público que terá lugar na igrexa de Santa María. A coral de Xermolos e a banda de Guitiriz actuarán no acto.

Blanco , asentado en Guitiriz desde os anos setenta, é coñecido polo seu labor a cargo de a Asociación Cultural Xermolos, aínda que a súa traxectoria é moito máis ampla: encargado de varias parroquias do municipio guitiricense; profesor no instituto, xa xubilado; estudioso da obra de cando Xosé María Díaz Castro o autor de «Nimbos» aínda non tiña o recoñecemento actual; impulsor da Irmandade Manuel María...

A decisión de nomealo Fillo Adoptivo foi aprobada por toda a corporación.