Clases de igualdade para estudantes de Guitiriz

La Voz GUITIRIZ / LA VOZ

GUITIRIZ

CEDIDA

Alumnos do IES Díaz Castro asistiron a unha charla da presidenta de Acadar

13 novs 2018 . Actualizado ás 18:18 h.

Estudantes de Guitiriz recibiron esta mañá unha clase de igualdade. Trátase dun programa que impulsa a Deputación e no que os alumnos do IES Díaz Castro foron, xunto con outros do IES Daviña Rei (Monforte) e do IES Lucus Augusti (Lugo), os primeiros en participar. Na sesión interveu a presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade (Acadar), Mónica Álvarez, que expuxo os problemas desas persoas na vida cotiá.

O deputado provincial Álvaro Santos e a alcaldesa local, Regina Polín, asistiron tamén á charla.