Guitiriz pretende lograr un plan de rehabilitación para núcleos rurais

La Voz VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

SUSO PENA

A zona elixida está Os Vilares en e en O Buriz

10 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Guitiriz pretende pór en marcha un plan de rehabilitación na zona rural. Os núcleos están situados nas parroquias de e Os Vilares de , O Burizna zona norte do municipio, e teñen, entre outros trazos comúns, a súa proximidade a un itinerario de sendeirismo creado por lugares relacionados co poeta Xosé María Díaz Castro (1914-1990).

A proposta chegará ao Concello dentro de poucas semanas, unha vez que acabe a redacción da memoria a empresa contratada para ese fin. Logo contactarase coa Xunta para estudar se neses lugares, como pretende o Concello, pódese lograr a declaración de Área de Rehabilitación Integral (ARI). A maioría dos plans de rehabilitación desenvólvense en conxuntos históricos ou en barrios de vilas e cidades cunhas características urbanísticas diferenciadas. Con todo, hai casos -Sober, por exemplo- no que a área de rehabilitación inclúe todo o municipio tomando o concello como unha única zona rural.

A posibilidade de solicitar un ARI para Guitiriz expúxose no pleno de outubro a proposta do PSOE, que considerou que así sería máis doado conseguir fondos para a recuperación da casa natal do poeta Díaz Castro. O inmoble está situado no barrio de ( O Vilariño Os Vilares), e a súa mellora é perseguida desde hai anos pola Asociación Cultural Xermolos, propietaria da casa, para darlle usos socioculturais.

A alcaldesa, Regina Polín, recoñeceu onte que a declaración sería un apoio á intención do Concello de fixar poboación en zonas rurais, plasmada na restauración das antigas escolas de Campoverde (O Buriz) e de Becín para convertelas en vivendas.