O Concello de Guitiriz rexeita o peche da corresponsalía do Popular en Parga

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

GUITIRIZ

ALBERTO LÓPEZ

Polín agarda reunirse en días próximos con responsables do banco para que lle expliquen detalles da medida

09 novs 2018 . Actualizado ás 19:07 h.

O peche da corresponsalía do Banco Popular en Parga, previsto para os próximos días, está a causar reaccións de rexeitamento no municipio. O Concello de Guitiriz mostrou o seu malestar pola decisión, e a alcaldesa, Regina Polín, afirmou hoxe que prevé reunirse en próximos días con responsables da entidade para que acheguen máis detalles sobre a decisión.

O BNG xa anunciou onte que exporía unha iniciativa no próximo pleno. O concelleiro da formación, Xosé Lois González Souto, propón que o Concello deixe de traballar con ese banco se se confirma o peche da corresponsalía, e subliña que a situación causará un prexuízo a veciños de Parga e de parroquias próximas.